Sabes que din do teu negocio en redes sociais?

¡Compárteme!

 

Día tras día sumerxímonos nun gran océano de información. Formamos parte deste enorme fluxo de contidos, xa sexa coma consumidores ou xeradores. Na era do IOT (Internet das cousas), todos os dispositivos cos que interactuamos xeran datos que son volcados en Internet, mais debemos recordar que estes non son necesariamente información. Temos que xestionalos e tratalos para convertelos en información útil.

As empresas tamén xogan o seu propio papel. É importante que, neste escenario, as marcas coñezan o que din e o que se di delas, aínda que isto último non o poidan controlar. Polo tanto, é vital para as marcas facer o que coñecemos como monitorización de redes sociais.

 

QUE É A MONITORIZACIÓN DE REDES SOCIAIS?

 

Xa introducimos uns pequenos aspectos sobre o tema. Basicamente a monitorización de redes sociais é saber que din os usuarios sobre a túa marca en Internet. Tamén podes ter escoitado que se lle chama escoita online, escoita social ou análise de redes sociais, entre outros.

A monitorización permitiranos non só coñecer o que din da nosa marca, tamén novas oportunidades de mercado, que fan os nosos competidores ou o público co que interactúan.

A monitorización debe ter o foco posto no contido xerado polos usuarios en diversos formatos. Este contido pode dar moita información sobre os gustos e intencións do público, permitindo ás empresas anticiparse e ofrecer ao usuario aquilo que demanda.

 

COMO PODO MONITORIZAR AS MIÑAS REDES SOCIAIS?

 

O primeiro que hai que ter claro é a importancia que ten a monitorización de redes sociais porque hai que destinarlle recursos. É fundamental facer un traballo previo para definir os obxectivos da nosa investigación, ter a tecnoloxía axeitada e un analista que converta a gran cantidade de datos en información útil.

A primeira parte é coñecer o proxecto e realizar hipóteses sobre o que nos podemos atopar. Esta primeira parte concretarémola no briefing, o documento que nos ten que servir de guía. É a nosa folla de ruta, debemos plasmar nel as nosas necesidades, os nosos obxectivos (que sexan SMART) e, neste caso, as plataformas que imos monitorizar.

 

QUE FERRAMENTAS PODEMOS EMPREGAR PARA MONITORIZAR AS REDES SOCIAIS?

 

Existen un montón de ferramentas no mercado (como para todo en marketing) tanto de pago como gratuítas. Algunhas ofecen funcións moi sinxelas e outras son máis completas, todo dependerá do noso presuposto.

Buzzmometer é unha ferramenta de pago que nos permite coñecer e analizar todo o que se di sobre a nosa marca ou productos e servizos en Internet. É moi recomendable pero poucos petos poden permitilo: 399 € mensuais a tarifa básica.

Brandwatch é outra ferramenta de pago que permite a análise en tempo real da escoita social. Ofrece moitas posibilidades de personalización en función do que esteamos a buscar.

Howsociable é unha ferramenta gratuíta que funciona moi ben. Permite tamén coñecer a presenza en Internet dos teus principais competidores. Permite monitorizar ata 12 contas de redes sociais na súa versión gratuíta (inclúe WordPress), no caso de necesitar máis, haberá que adquirir a versión de pago.

Outra ferramenta tamén gratuíta aínda que bastante limitada é Google Alerts. Para poder empregala só precisas unha conta de correo de Gmail e escoller unha ou varias palabras clave que queiras monitorizar. Ao crear unha alerta, a ferramenta permíteche escoller a frecuencia de envío, as fontes, o idioma, a rexión e o envío ben ao teu feed de RSS ou ao email. Esta ferramenta permitirache saber que din da túa marca en Internet e as tendencias no teu sector. É recomendable utilizar palabras clave específicas, porque se empregas palabras clave xenéricas, Google enviarache gran cantidade de alertas que posiblemente non sexan do teu interese.

 

Existen moitas máis ferramentas, debes ser ti quen decida cal se axusta máis ás túas necesidades e posibilidades. O que está claro é que, hoxe en día, é fundamental a presencia en redes sociais tanto para o pequeno comercio como para as grandes empresas.

 

 

Foto: Pixelkult

About The Author

Leave Comment

Nombre
Email
Web

*