Por que debes ter unha estratexia de vídeo marketing?

¡Compárteme!

 

Estou seguro de que todos, obviamente inclúome, consumimos vídeo, dende o móbil ou vo noso ordenador na casa. A plataforma tamén pode variar: en redes sociais coma Facebook, Instagram ou Twitter e en plataformas de vídeo como Youtube (na súa maioría). O que está claro é que nos encantan os vídeos e consumímolos cada vez máis, xa sea para buscar un tutorial sobre como montar un moble ou por puro entretemento.

 

QUE É O VÍDEO MARKETING?

 

O vídeo marketing é unha tendencia cada vez máis utilizada no mundo do marketing dixital que consiste no uso do vídeo para promocionar un produto ou servizo. O fin é conseguir os obxectivos que nos marcamos na nosa estratexia de marketing. Este punto é importante, xa que realizar un vídeo illado non serve de nada. Debemos ter unha estratexia coherente cos nosos obxectivos. Estes poden ser conseguir máis vendas, facer branding, un mellor posicionamento en buscadores, etc.

 

POR QUE VÍDEO MARKETING?

 

Como comentamos antes, consumimos moito vídeo. Un exemplo é que 4 de cada 10 usuarios consumen menos televisión tradicional en detrimento do vídeo online. De feito, os vídeos representan máis do 50% do tráfico nos dispositivos móbiles. Por se non era suficiente, outro dato fundamental é que consumimos 22.000 horas de vídeo cada día nas distintas plataformas (Facebook, Youtube e Instagram).

 

O usuario medio de Internet consume de media 16 minutos 50 segundos semanais de vídeo en canles online

 

 

PERO, QUE PODE CONSEGUIR A MIÑA EMPRESA CO VÍDEO MARKETING?

 

1.- Transmites máis en menos tempo: 1 minuto de vídeo equivale a 2 millóns de palabras, que é moito máis ca un par de entradas no blog.

2.- Maior capacidade de recordo: Os seres humanos lembramos un 10% do que lemos e un 30% do que vemos.

3.- Aumentamos a nosa notoriedade de marca (branding): O vídeo aumenta un 70% o recordo de marca.

4.- Maior conexión co teu público obxectivo: Oss vídeos humanizan a marca e expresan emocións que impactan no usuario. É unha boa ferramienta para xenerar engagement.

5.- Mellora o posicionamento en buscadores: Google premia o vídeo máis ca outros formatos e máis se están en Youtube (propiedade de Google).

6.- Contidos máis atractivos: Os usuarios atopan máis atractivos os vídeos que outros tipos de contidos.

7.- Xenera máis tráfico: A consecuencia de xenerar este tipo de contido atractivo é atraer un maior número de usuarios á túa web. O tráfico orgánico vese moi beneficiado.

8.- Maior alcance: Compártense moito máis os vídeos que as imaxes e os textos. Estes contidos poden chegar a viralizarse.

9.-Maior conversión: Está demostrado que tanto landing pages como emails convirten más si tienen incrustado un vídeo.

 

CONSELLOS PARA A TÚA ESTRATEXIA DE VÍDEO MARKETING

 

Tendo claro que necesitamos unha estratexia de vídeo marketing, elaboraremos un plan: Unha acción aillada non nos levará aos resultados desexados.

O noso primeiro paso será definir os obxectivos a conseguir.  Podemos distinguir entre conseguir notoriedade de marca, lealtade á mesma ou vendas principalmente. Aclarar cales serán os obxectivos permitiranos evitar malos entendidos e que todas as partes implicadas remen na mesma dirección.

A seguinte tarefa será definir cal é o noso target. Para sabelo podemos preguntarnos quen precisa os nosos servizos ou quen quere comprar os nosos produtos.  É interesante extraer un perfil dos nosos clientes actuais e coñecer o seu comportamento nas redes.

 

 

A partir de aquí, como en toda estratexia de marketing, debemos crear o contido afín ao noso target, ter un calendario de publicacións, promocionalas, medir os resultados e analizar. Ter claro este proceso axudaranos a alcanzar os obxectivos que previamente nos marcamos.

Como puidemos comprobar, o vídeo online é unha ferramenta cada vez máis interesante para as empresas porque se aos nosos clientes lles encanta o vídeo haberá que darllo. Podes pedirnos infromación no contacto ou na oficina da nosa axencia de marketing e comunicación en Santiago de Compostela.

 

Fotos: 350543, Startupstockphotos.

About The Author

Leave Comment

Nombre
Email
Web

*