Como optimizar o SEO para ecommerce?

¡Compárteme!

 

Xa comentamos que o ecommerce é unha realidade para as empresas do noso país. É máis, preves que siga medrando como ata agora. Pero para que o noso negocio online prospere, debemos ter en conta o SEO. Temos que traballalo para que os usuarios que accedan á nosa web poidan apreciar a calidade dos nosos produtos e servizos e os adquiran. Traballar o SEO para ecommerce dá visibilidade á nosa web nos buscadores, o que aumenta a probabilidade de captar tráfico para converter.

 

PROCURA DE PALABRAS CLAVE OPTIMIZANDO O SEO PARA ECOMMERCE

 

Este é un dos puntos fundamentais no SEO para ecommerce. Debemos ter claro que produtos vendemos e a quen nos diriximos. É importante centrarse nun segmento de mercado concreto que precisa uns produtos ou servizos concretos. Unha das máximas da publicidade di “produto para todos, produto para ninguén”.

Unha vez temos este punto claro, o seguinte é buscar aquelas palabras que definen mellor o que ofrecemos. Cando xa teñamos unhas cantas palabras pensadas, acudiremos a ferramentas como SemRush, o Keyword Planner de Adwords ou Google Trends para ver se esas palabras teñen un nivel de busca importante. Como punto a ter en conta, é mellor tratar de posicionar palabras que demostren intención de compra como “comprar mochila para portátil”.

 

seo para ecommerce google trends

 

Cando xa teñamos unhas palabras cun bo nivel de busca comezaremos a construír contido en base a elas. O obxectivo, como xa comentamos, é tratar de situarnos o máis alto posible nos resultados de Google para vender máis.

 

TRABALLAR AS CATEGORÍAS

 

O máis usual nunha tenda é ter varios tipos de produtos ou servizos. Dividirémolos en diferentes categorías ás que lles debemos dedicar un grande esforzo. A Google gústanlle os contidos ricos e traballados  e ímosllos dar.

Dentro das categorías non é positivo mostrar só os produtos sen máis. O seu é ofrecer unha boa descrición do que os usuarios se van atopar antes de mostrar os produtos de dita categoría. Para abundar neste tema, recomendámosvos este artigo que escribimos para a web de Smart Commerce da Xunta.

É interesante destacar certas categorías na páxina principal da tenda para guiar aos usuarios dentro da web. Para mellorar o posicionamento tamén é importante ligar distintas categorías, xa que Google premia os enlaces internos. E, por suposto, facilitar ao máximo que o usuario atope o que busca, algo moi sinxelo se temos un bo buscador interno na nosa web.

 

FICHAS DE PRODUTO

 

Chegamos a un punto fundamental dentro do noso negocio online. As fichas de produto describen o que o usuario está interesado en mercar. Son o paso previo á compra e debemos optimizalas.

Un erro moi común é copiar a descrición do produto que nos ofrece o proveedor. É importante ter en conta que esa descrición tamén a teñen outras tendas, o que provoca contidos duplicados, algo que a Google non lle gusta e nos podería sancionar.

Por isto mesmo debemos ser creativos e orixinais á hora de redactar a descrición dos nosos produtos. Nela debemos definir as súas propiedades (medidas, peso, etc.), ao tempo que resolver calquera dúbida que lle poida xurdir ao posible comprador. A finalidade é crear un contido de calidade.

Outro factor que debemos considerar é o apartado visual. Debemos ter un deseño que sexa limpo e claro. Ao usuario encántalle o contido visual e funciona realmente ben. Aqueles ecommerce que teñen moitas imaxes e vídeos venden máis. En definitiva, as fotos e os vídeos son un factor fundamental para o SEO no ecommerce.

 

como hacer una ficha de producto seo para ecommerce

 

Incluir chamadas á acción, os denominados CTAs (Call To Action), é clave. Un tipo de CTAs son os botóns a redes sociais que incentivan a compartir o noso produto, o que é doblemente beneficioso porque axuda a atraer a máis usuarios e mellora o posicionamento. Tamén é útil engadir botóns que incentiven á compra. Son botóns que chaman a atención e facilitan o proceso de compra.

Neste post tocamos un pouco por riba o SEO para ecommerce, pero hay moito máis. Pode parecer un pouco complicado pero, como todo, é adicarlle tempo e probar. Con estas directrices e adquirindo experiencia pódense facer grandes cousas. Animámosvos a testar estes consellos e ver como mellor o posicionamento do voso negocio.