¿Te ha gustado? ¡Compártelo!

 

A pregunta do millón: Que é o básico en publicidade para empresas? Pois, sen ánimo de responder á galega, depende. E depende de moitos factoras, imos velos e a ver ser así aclaramos un pouco a cuestión.

 

 

Preguntas previas ao deseño da estratexia de publicidade da túa empresa: 

 

1.- Que tipo de empresa teño?

Startup, autónomo, micropyme, pyme… Distintos recursos humanos e económicos, posibilidades moi diferentes.

 

2.- Cantas persoas poden dedicar parte do seu tempo ou a súa xornada completa a tarefas de publicidade, comunicación e marketing dentro do meu negocio?

 

Traballo soamente eu? Teño un equipo? Alguén do meu equipo sabe destes temas? Alguén do meu equipo que sabe destes temas pode adicarse total ou parcialmente á xestión da comunicación e publicidade da miña empresa?

 

3.- En que situación está a miña empresa?

Estou empezando, levo anos no sector, herdei/collín un traspaso de negocio…

 

4.- Que obxectivos teño?

Quero dar a coñecer a miña marca, os meus produtos e servizos (branding), xa me coñecen algúns pero preciso que me coñezan máis (reforzar a miña marca), a miña imaxe é mala e teño que mellorala (curación de contidos, xestión de crise…), a miña imaxe é boa pero quero ampliar negocio, quero chegar a persoas dunha área xeográfica máis grande ou distinta…

 

5.- De que recursos económicos dispoño?

Canto podo invertir a curto, medio e longo prazo, Porque a publicidade da túa empresa pode consistir en accións cun custe pequeno e continuadas no tempo, outras cunha inversión maior, impactos en momentos puntuais que te conveñan por stock, novo producto, etc.

 

 

Publicidade para empresas pequenas

 

Imos ter en conta unhas cantas premisas:

 

– Non por gastar máis vas conseguir máis.

– Non se trata de facer mil cousas senón accións escollidas estratexicamente.

– Non hai necesidade de estar en todas as redes sociais, pero si de dinamizar correctamente aquelas nas que tés presenza. 

– Non se trata de bombardear a todo o que se move senón de apuntar a quen pode ser un posible cliente.

 

 

publicidad para empresas santiago de compostela

Necesitas axuda coa xestión da túa web en WordPress? Escríbenos a info@vincutato.com

 

A partir de aquí, se queres autoxestionar a publicidade da túa empresa, o ideal é que dediques unhas horas a formarte en aqueles aspectos nos que coxees máis. En Internet tés información sobre un abano moi amplo de contidos interesantes. Se precisas prepararte sobre uns temas en concreto, bótalle un ollo ás nosas propostas de formación a medida, que sempre son una opción interesante. Desde autoxestionar o teu blog en WordPress ata telemarketing. Levamos 15 años nisto, algo sabemos! 🙂

 

Si te ves superado ou queres delegar nun equipo profesional, é importante que te sintas a gusto coa axencia de publicidade que contrates. Para iso, recomendámosche unha chamada seguida dunha reunión, que valores se entenden as túas preocupacións, se son o equipo que precisas e se as solucións que che propoñen te convencen. É fundamental ter unha comunicación fluida coa empresa que xestione a publicidade da túa empresa.

 

Por outro lado, é interesante tener unha visión realista do teu negocio:

 

– Non todas as empresas precisan/poden ter unha tenda online.

– Non todas as empresas precisan unha web con moito contido e seccións, moitas veces cunha landing page (unha web cunha soa páxina que ofrece a información esencial), é suficiente.

– Non todas as empresas precisan unha gran inversión.

 

Deixámosche aquí un link aos nosos packs para emprendedores, para que valores en que punto estás e que necesitas, despois de analizar estas cuestións que acabamos de comentar.

 

Dito todo isto, se precisas un cable coa estratexia de marketing, comunicación e publicidade da túa empresa, estamos na rúa dos Basquiños 20, Santiago de Compostela e no 615 491 792. Axudámosche!

 

 


¿Te ha gustado? ¡Compártelo!