¿Te ha gustado? ¡Compártelo!

 

O Doutor Alberto Ferro acaba de abrir unha consulta en Brión (A Coruña) e contactounos para crear a súa imaxe de marca.

 

Quería algo sinxelo, moderno pero sen estridencias, con cores alegres e que evocase o seu sector.

 

equipo de deseño da nosa axencia de marketing de Santiago de Compostela creou unha imaxe corporativa acorde coas súas expectativas. Logotipo, tarxeta de visita, flyer e páxina web a través da que dar a coñecer os seus servizos e o seu currículo e ofrecer unha vía de contacto con el.

 

 

 

A páxina web é unha landing page sinxela, intuitiva, visual e sintética. Conta coa información necesaria para coñecelo, saber que ofrece e como solicitar a súa atención médica. Está en dous idiomas: galego e castelán. Podedes vela aquí: www.albertoferromedico.com

 

Se queres que deseñemos a imaxe da túa nova marca persoal, contacta connosco aquí.

 

Mockup Designed by Aleksandr_Samochernyi / Freepik

¿Te ha gustado? ¡Compártelo!
Open chat