¿Te ha gustado? ¡Compártelo!

 

Jacobo Blanco é o director de Capitel Ksa, unha inmobiliaria de Milladoiro (a 5 km de Santiago de Compostela) especializada en aluguer, venda e home staging. Queremos saber como está o sector inmobiliario, que funciona e que non funciona en marketing inmobiliario e que é iso do home staging, do que tanto se oe falar no sector. Despois de 10 anos no sector e coñecendo as dias e vidas da economía neste eido, Jacobo coñece moi ben as características do mercado inmobiliario. Fixémoslle algunhas preguntas:

 

 

En que situación está o mercado inmobiliario español e galego en particular?

 

En España nos últimos anos incrementaron as vendas  por tres factores importantes: O valor das propiedades no nivel máis baixo da última década, a capacidade de aforro do comprador aumentou pola cries e por último e máis importante, a financiación. Ante a ameaza do Banco Central Europeo de altas comisións polo diñeiro reservado, os bancos volveron sacar produtos de financiación.

 

No eido galego tamén vimos este repunte de vendas de vivendas. Hai que dicir que aínda así, o mercado está un pouco revolto. En grandes cidades o metro cadrado nalgúns barrios está a prezos de burbulla inmobiliaria e noutros por debaixo dos valores mínimos de precrise.

 

No caso do aluguer ten agora unha problemática complexa. O volume de oferta e de demanda é desigual.  Temos un alto número de demandantes e un escaso parque de viviendas en aluguer. Isto incrementa o prezo das vivendas nun 20% sobre o valor medio de mercado.

 

 

E como se resolve isto?

 

Pues non ten unha solución fácil. Desde AGALIN, a Asociación Galega de Inmobiliarias, da que son teseoureiro, estamos en conversas co alcalde prantexando os principais problemas que hai agora mesmo. En Santiago, por exemplo, a demanda de aluguer supera de longo á oferta desde que se instalou o aluguer turístico, que comeu máis da metade do parque de inmobles en aluguer. A medida que diminuíron as vivendas destinadas ao aluguer tradicional, os santiagueses foron mudándose a poboacións próximas como Milladroiro, Bertamiráns ou Sigüeiro, pero agora mesmo xa apenas quedan pisos libres en ningunha delas.

 

Neste sentido, estamos pelexando para unha maior regulación, arrancámoslle ao alcalde o compromiso para crear unha normativa con capacidade sancionadora e outras accións específicas para conseguir que propietarios de inmobles os aluguen. Maior oferta cubrirá alomenos parte da demanda e coortará a subida de prezos vertixinosa que estamos vivindo agora mesmo.

 

 

 

 

Que botas en falta no teu sector?

 

A profesionalización. Hoxe por hoxe todo o mundo pode vender ou alugar unha propiedade ou cree contar coa experiencia necesaria para poder facelo. Moitos clientes nos preguntan: ” Que é o que fixeches?”. Non entenden que detrás do proceso de aluguer ou venda dun inmoble existe unha preparación. Noutras profesións a man de obra ou a hora traballada cóbrase e o cliente pode estar contento ou non pero acaba pagando. Nós cobramos a éxito, cando firmamos a venda da propiedade ou a alugamos. Iso implica que se non chegamos a firmar, todo o traballo realizado desaparece e en moitos casos a empresa ten que pechar.

 

 

Que porcentaxe de éxito no marketing inmobiliario procede de Internet e cal vén de fóra?

 

Hoxe por hoxe o 85-90% do noso principal cliente provén de Internet. As axencias inmobiliarias publicamos a nosa base de vivendas en webs inmobiliarias e hoxe por hoxe as redes socias tamén nos atraen clientes. O resto, entra por cartelería, clientes que se achegan á oficina, folletos, etc.

 

 

A túa marca persoal é o que perciben os teus clientes de ti, o que fai que che distingan doutras empresas do sector. A marca persoal inspira confianza e neste sector, se o propietario e o comprador ou arrendatario non confían en ti, non consegues nada.

 

 

Cales son as cales que mellor funcionan para venda ou aluguer?

 

A principal canle de venda ou aluguer son as webs inmobiliarias, as máis punteiras son Fotocasa, Idealista, Pisos.com e Yaencontré, nas que pagas por publicar un pack de vivendas. Tamén hai outras nas que che permiten publicar as vivendas gratuítamente, aínda que estas últimas están cambiando a súa política e empezan a cobrar. Tamén estamos adaptándonos aos novos tempos, as redes sociais gañan terreno e en moitos dos casos chegas a moitos clientes sen ter que gastar diñeiro. Estamos adaptándonos a novos programas de xestión que permiten axilizar trámites e publicacións.

 

 

Funciona o marketing inmobiliario?

 

Claramente si, si rotundo. Hoxe unha boa planificación dun anuncio é éxito asegurado. Publicando unha propiedade cunhas boas fotografías e un bo texto, conseguimos que atraia a máis clientes, e chegar ao comprador ou arrendatario.

 

Nós confiamos ferreamente a nivel de marketing dixital en VINCUTATO, xa que non dispoñemos de tempo nin de coñecementos profesionais de marketing dixital que nos permitan optimizar resultados e sen unha empresa como VINCUTATO seriamos unha axencia inmobiliaria máis no sector. Gracias a ela conseguimos mellorar moito o noso branding e, ademais, que empresas constructoras se fixen en nós como comercializadora.

 

 

Que é o home staging e que vantaxes ten?

 

O home staging é unha ferramenta para a venda. Consiste en preparar a vivenda para conseguir a súa venda ou aluguer, chamando a atención dos posibles compradores. As estatísticas indican que a venda dun inmoble aplicando esta técnica se consefgue ata 8 veces máis rápido.

 

 

Que importancia lle dás á marca persoal?

 

A túa marca persoal é o que perciben os teus clientes de ti, o que fai que che distingan doutras empresas do sector. A marca persoal en marketing inmobiliario inspira confianza e neste sector, se o propietario e o comprador ou arrendatario non confían en ti, non consegues nada.

 

 

As estatísticas indican que a venda dun inmoble aplicando home staging se consegue ata 8 veces máis rápido.

 

 

E a presenza online?

 

Como anteriormente veño dicindo, a presenza online para una axencia inmobiliaria é imprescindible. Non poderiamos vivir sen Internet, non chegariamos ao 90% dos nosos clientes.

 

 

Cales son os retos dixitais dun emprendedor no teu sector?

 

Moitos, moitísimos. Cada día hai novos conceptos, novas fórmulas, novas estratexias. Creo que sería moi importante que unha persoa que comece no noso sector teña un mínimo de coñecemento de Internet e redes sociais.

 

Se tés dúbidas sobre marketing inmobiliario ou queres enviar algunha consulta á nosa axencia de marketing, podes facelo a través deste link.

 


¿Te ha gustado? ¡Compártelo!
Open chat