“Quero escribir un bo artigo pero no sei por onde empezar”: Como escribir un bo artigo?

¡Compárteme!

 

É bastante habitual querer escribir un bo artigo e atoparte dicíndote a ti mesmo esta frase, especialmente se non estás afeito ao boli e ao papel, por traballo ou affección. E, de súpeto, un motivo imperioso obrígate a escribir un artigo, unha nova, un contido. As ideas non flúen, tés un caos mental e comezas e borras as veces suficientes como para sentirte frustrado. Imos ordenar ese caos.

 

EMPECEMOS POLO PRINCIPIO: QUE QUERES TRANSMITIR?

 

Unha das maiores frustracións vén da man de pensar -erroneamente- que canto máis culto e coidado pareza o texto, máis atractivo, interesante e prestixioso resultará para o lector. Isto é absolutamente falso, especialmente se o escrito está destinado a Internet. Cada vez lemos menos, en pantalla complícase a lectura porque a vista cansa e se enriba o texto é denso, convértese en infumable.

O mellor consello -na miña opinión- que che pode dar un xornalista ou unha persoa afeita a escribir con certa frecuencia é que penses que queres transmitir e imaxines contándollo a outra persoa. A partir de aí, trátse de transcribir esa explicación, probablemente será moito máis clara.

Escribir un bo artigo implica un esforzo en esquematiar as ideas. Comeza por aí. Colle papel e boli e fai unha lista de ideas ou conceptos dos que queres falar. A partir de aí, ordénaos para darlle un fío, para guionizar ese contido. Como? Tradicionalmente, para as novas, usábase a pirámide invertida. Para un artigo non tés que facelo así, podes simplemente ordenar esas ideas en bloques relacionados entre si. O importante é que o texto global teña un sentido e non se vexa coma un conxunto de contidos inconexos.

 

A QUEN TE DIRIXES?

 

Unha norma básica da publicidade é “produto para todos, produto para ninguén”. Isto significa que se queres chegar a todos, ao final non chegarás a ningún. Pensa en quen lerá o teu artigo e enfócao cara el. Non é o mesmo un público especializado na materia que un alleo. Pero calquera deles agradecerá a sinxeleza.

 

Á hora de escribir un bo artigo é importante saber quen o lerá, ser claro nas explicacións, ter argumentos de peso e, por suposto, coidar o léxico e a ortografía.

 

 

SINXELEZA E PERCCIONISMO NON SON CONTRARIOS 

 

Que non queiras ser rimbombante non significa que non coides o léxico e a ortografía. Lamentablemente no sector do marketing dixital atopámonos todos os días con artigos que teñen ducias de faltas de ortografía. Iso é case unha falta de respecto cara o lector, o non tomar a molestia de corrixir os textos antes de publicalos cando contamos con ferramentas tan estandarizadas coma o corrector de Word. Erros cometémolos todos, iso está claro, pero non custa nada parar cinco minutos a revisar o contido para minimizalos.

Tamén é un erro bastante frecuente repetir palabras constantemente. Un diccionario de sinónimos a man é un bo aliado á hora de ter diante un editor de WordPress en branco.

 

como escribir un buen artículo

O ESTILO PARA ESCRIBIR UN BO ARTIGO

 

O estilo de cada un é algo que enriquece ao lector. Imaxinades que todos os artigos foran listados? Imos nesa dirección e resulta xa aburrido. É certo que a escritura persuasiva do copywriting funciona, pero non todos os artigos buscan vender algo, poden ser meramente informativos. Valora que obxectivos persegues. Se queres convencer, emocionar e encamiñar ao teu lector cara unha meta concreta, o mellor é que apostes polas técnicas do copywriting para namoralo. Se é un artigo informativo, busca a obxectividade e elimina as túas apreciacións persoais.

 

É importante coidar o titular: na maioría das ocasións será decisivo para espertar o interese do teu público e facer que continúe lendo.

 

 

QUE TÍTULO ESCOLLO?

 

Para min o momento de seleccionar o titular é o máis complicado porque en gran medida dependerá só del que a xente queira continuar lendo. Sobre como titular os posts dun blog xa escribimos un artigo hai tempo, pero agora quero comentar algo que non dixen no seu día: cando decido o titular? Eu fágoo ao final, especialmente se o contido que escribín é denso, ten moitas ideas que tocan distintos temas e non sabería escoller unha soa que fora a máis importante. Ao final do escrito, cando xa fixen o esquema, o organicei e desenvolvín é cando máis claros teño os camiños que tomou o meu texto. É aí cando tomo a delicada decisión de escoller unha frase que motive, interese e xenere expectativas no lector. E aí cruzo os dedos para ter conseguido espertar curiosidade no titular e tela satisfeito no contido. 🙂

 

Fotos: kaboompics, naturalpastels