EQUIPO

Historia e equipo de VINCUTATO - Marketing & Comunicación

Marketing & Comunicación

QUEN SOMOS?

Vincutato – Marketing & Comunicación naceu no 2011 co obxectivo de ofrecervos un servizo integral de comunicación e marketing a todos os que queirades dar a coñecer os vosos produtos e servizos. Sumamos talentos, paixóns e ilusións.

QUE FACEMOS?

Campañas de marketing 
Deseñamos e desenvolvemos campañas de marketing a medida.
Deseño web
Deseñamos páxinas web que se adaptan a todos os dispositivos.
Deseño gráfico
Creamos unha imaxe atractiva para a túa compañía.
Eventos
Organizamos os eventos que necesites para a túa empresa.
Cursos de marketing
Realizamos cursos orientados á formación en marketing e comunicación.

O noso equipo. O teu éxito é o noso.

CEO & DirCom

Teresa Iglesias

Directora de Comunicación, Social Media Manager e copy.  Xornalista especializada en comunicación online e marketing dixital. Actualmente estuda Ciencias Políticas.

Foi redactora en varios grupos de comunicación e traballou en comunicación e marketing en distintas editoriais internacionais.

teresa.iglesias@vincutato.com

Teresa é moi sorrinte, unha loitadora nata que imprime sempre ilusión en todo o que fai.

Director técnico

Javier Fernández

Informático, economista e Master en Business Administration. É socio certificado de Google Adwords e encántalle acumular certificacións técnicas: Analytics, Hubspot, Hootsuite, Bing, Yahoo…

Desenvolveu múltiples proxectos técnicos para distintas entidades, pequenas e grandes empresas e axencias a nivel nacional.

javier.fernandez@vincutato.com

Javier é un emprendedor nato, moi dinámico e sempre disposto a enfrentarse a novos retos.

Director creativo

Alberto Gómez

Está licenciado en Publicidade e é ademais deseñador gráfico.  Está especializado en imaxe corporativa, publicidade 2.0 e community management.

Deseñou e desenvolveu campañas creativas de publicidade para empresas de múltiples sectores, especialmente na comunidade galega.

alberto.gomez@vincutato.com

Alberto é unha persoa profundamente creativa, sorprendente e imaxinativa.

Responsable de eventos

Roberto Noya

Licenciado en Dereito e Máster en Dereito Civil e de Consumo. Está moi ligado ao mundo do consumo e á asesoría para empresas que apostan polo ecommerce.

Dende hai máis de 10 años organiza viaxes, brunch, coffee breaks, comidas de empresa e todo tipo de eventos para grupos en Santiago de Compostela e Galicia.

roberto.noya@vincutato.com

Roberto é unha persoa dinámica, sociable por natureza e sempre optimista.

 

 

Técnico de Marketing

Sergio Sanisidro

Graduado en Administración e Dirección de Empresas e Master de Marketing Dixital e Xestión Comercial, é o vivo retrato daquel famoso slogan de “JASP” (Joven Aunque Sobradamente Preparado).

Deseña e executa campañas de marketing dixital e off line multicanle para os clientes da nosa axencia de comunicación.

sergio.sanisidro@vincutato.com

Sergio é curioso por natureza e un Bob Esponja á hora de aprender todo sobre calquera cousa.

Asesora Legal

Laura Núñez

Licenciada en Dereito e especializada na Lei de Protección de Datos, conta cunha dilatada traxectoria como Asistente Legal de empresas.

É a responsable da asesoría legal de Vincutato, tanto para temas propios como para os relacionados coa comunicación dos nosos distintos clientes.

laura.nunez@vincutato.com

Laura é moi constante e loitadora, caracterizada polo seu gran sentido da xustiza.

Director de publicidade

Javier Sáenz

Licenciado en Publicidade, deseñador gráfico e fotógrafo. É especialista en publicidade corporativa, creación de imaxe de marca e fotografía de eventos e productos.

Ducias de empresas nacionais e multinacionales confiaron nel para as súas campañas, creatividades e deseños corporativos.

javier.saenz@vincutato.com

Javier é unha persoa moi perspicaz, detallista e cunha creatividade moi desenvolvida.

 

Os nosos servizos

Consulta o listado completo de servizos de Vincutato – Marketing & Comunicación.

Somos os menos tímidos

Aquí estamos os menos tímidos do equipo. Se queres traballar con nós, cóntanos por que e que che gustaría facer vía equipo@vincutato.com.

Contacta con nós!

Deixa que che expliquemos o que Vincutato – Marketing & Comunicación pode facer por ti.

 

Estes son algúns dos nosos clientes