¿Te ha gustado? ¡Compártelo!

Seguro que en múltiples ocasións te paraches a pensar se montar unha tenda online ou deixalo para máis adiante, e pode ser que finalmente decidiras pospoñelo. Non serás o único que se tirara dos pelos esta tempada por non ter arrancado o seu ecommerce ou que, como mínimo, non se preguntara se telo feito non lle tería reportado uns beneficios interesantes nestes momentos de complexidade económica.

 

Ante as dúbidas, o mellor é valorar os pros e contras, tomar unha decisión baseada en datos estudados e meditados, para minimizar riscos e sorpresas desagradables.

 

 

Por que apostar pola canle online lanzando un ecommerce?

 

Compartimos uns cantos titulares (linkados aos seus respectivos artigos) que xa nos ofrecen unha perspectiva da situación actual:

 

  • O ecommerce medra un 55% polo coronavirus. “A caída en categorías como moda e calzado (-69%) ou mascotas (-22%) viuse compensada polo crecemento das vendas de deportes (+191%), mobiliario (+135%), xardinería (+130%) e farmacia (+26%)“. Ecommerce-news.

 

 

 

 

 

Neste sentido, fai xa tempo que vimos falando no noso blog da tendencia á alza do sector:

 

A situación do ecommerce, é xa unha realidade para as PEMES?

 

Está claro que agora mesmo estamos ante un pico de consumo online, pero ninguén dubida xa que é unha tendencia que estaba á alza e a raíz do confinamento polo coronavirus, este ano se asentará por enriba de todo pronóstico. Se ano tras ano estabamos vivindo un crecemento nos hábitos de compra online, 2020 será un ano cun aumento moi superior ao esperado, no que milleiros de persoas convertirán en habitual un estilo de compra que tiñan por residual.

 

O incremento do número de persoas que están apostando pola compra online sumado ao aumento do gasto nos xa habituais, convirten á canle online nun carameliño para calquera negocio de venda de produtos ou servizos.

 

Sen dúbida, estamos ante o mellor momento para a compra-venda online dos últimos anos. Unha tendencia á alza que agora se asenta. Tendo isto claro, cabe agora pasar ao teu caso particular, a valorar se hai un oco para o teu negocio e para ti dentro deste universo crecente.

 

 

Podes competir por produto, por prezo ou por servizo?

 

Chegou o momento de que te fagas  estas preguntas:

 

1.- Tes un produto único, exclusivo, diferente ao que hai no mercado?

2.- Se vendes o mesmo produto que a túa competencia, podes ofrecer prezos competitivos con respecto a ela?

3.- Podes ofrecer un servizo mellor? E cun servizo mellor non falamos de que o teu packaging sexa máis bonito, senón dun valor engadido real ao produto en si: un bo servizo postvenda ou condicións de envío e devolución que melloran sustancialmente ás da competencia, por exemplo.

 

Se a resposta é un si claro, adiante, toca facer números para ver se é factible.

 

 

Fóra medos!

 

O medo e a indecisión son dous dos peores amigos dunha empresa. Non se trata de facer as cousas ao tolo, sen meditar, pero si de analizar pros e contras, quererse a un mesmo e pensar que se outros puideron, e ti cumpres algún ou varios dos requisitos anteriores, tamén podes.

 

 

“Se pensas que es demasiado pequeno como para marcar a diferencia, tenta durmir cun mosquito.

Dalai Lama

 

 

Por onde empezar á hora de montar unha tenda online?

 

Polos números, por suposto. En primeiro lugar, sendo sincero contigo mesmo, valora canto tempo e diñeiro vas poder adicarlle a este punto. Tanto se o delegas nunha axencia de marketing como se decides xestionala ti mesmo, existen uns custos asociados a unha tenda online (aloxamento da web, montaxe, mantemento…). Ademais dos custos de envío e loxística. Fai os teus números e verás que a medio prazo son moi inferiores aos dunha tenda física. Chegados a este punto, é o momento de desenvolver o plan de marketing.

 

O plan de marketing é fundamental porque nel se basean as túas estratexias a curto, medio e longo prazo, a comunicación dos teus produtos, servizos e a túa propia marca e grazas a el poderás facer que o teu equipo, os teus produtos e esforzos vaian ao estilo Fuenteovejuna: todos a unha.

 

Non está de máis pedir opinión a un especialista para estar plenamente convencido antes de dar o paso. Deste tema falamos hai algún tempo con Esther Vázquez. Cada sector é diferente e o que vale nun non ten por que ser útil noutro.

 

 

¿Necesito consultoría estratégica para mi plan de marketing?

 

Que é mellor: montar unha tenda online ou apostar por un marketplace?

 

1.- Podes montar a túa propia tenda online, para a que tes distintas plataformas segundo o número de produtos que queiras vender, desde Woocommerce ata Prestashop ou Magento. Pero tamén podes facer unha inversión menor, con ferramentas como Shopify, moito máis intuitivas pero cun custo fixo.

 

2.- Podes utilizar plataformas de venda, como Amazon, eBay ou AliExpress. Con elas aforras o “engorro” de montar a túa propia tenda, a túa propia canle de venda, pero a cambio vanche cobrar unha suculenta comisión de todo o que vendas, competirás coa túa competencia no mesmo espacio e probablemente cos mesmos produtos e estarás perdendo un tempo moi valioso de cara ao aproveitamento da canle online no medio prazo.

 

Apostar por un destes marketplaces pode ser unha opción interesante se a combinas temporalmente coa túa propia tenda. Podes darte a coñecer a través deles e detectar erros, nichos e escoitar de primeira man as opinións dos teus clientes para implementar melloras no teu sistema de venda.

 

Cando tomes esta decisión, non olvides que a carta de presentación dos teus produtos é a ficha que incorpores, xa sea en Amazon, eBay, AliExpress… como no teu propio ecommerce. Se queres algúns consellos útiles para que as túas fichas de produto teñan éxito, recomendámosche que leas este outro artigo, onde tamén falamos de como posicionalas:

 

Como optimizar o SEO para ecommerce?

 

 

Como ves, o espazo entre que o teu produto está contigo e chega a mans do teu cliente potencial inclúe unha longa lista de decisións e accións que tes que valorar detidamente. Pero se tes dúbidas e queres comentalas co equipo da nosa axencia de marketing de Santiago de Compostela, podes escribirnos a info@vincutato.com ou deixarnos un recado aquí.

 


¿Te ha gustado? ¡Compártelo!