É importante analizar a nosa páxina web?

¡Compárteme!

 

Moita xente pensa que o importante é ter unha páixina web porque se non a tés non es ninguén en Internet.  Isto non é así, non podemos perder o rumbo. Debemos ter claras as seguintes cuestións:

  • obxectivo do noso negocio: Para que facemos unha web? Para vender? Para dar imaxe?
  • A quen nos diriximos, o noso público obxectivo.
  • Que é o que este quere, que precisa.

Se temos estes tres puntos claros, xa construímos as bases para que o noso negocio online poida prosperar. Coa analítica web poderemos comprobar, a través dos datos, se estamos medrando e se as nosas estratexias están funcionando como deberían.

 

POR QUE DEBEMOS ANALIZAR A NOSA PÁXINA WEB?

 

Adiándoche que a análise das páxinas web, hoxe en día, é fundamental. É vital realizar esta análise por diversos motivos:

  • Fixemos un desembolso para crear a web e haberá que averiguar se a visitan.
  • Xeramos contidos para a web e debemos saber se se consumen e quen o fan.
  • Medir os resultados  das nosas estratexias.

 

Gracias á tecnoloxía existente, en Internet podemos medir case todo. Isto axúdanos a mellorar constantemente.  Ademais, analizar a nosa páxina web sérvenos para coñecer os seguintes catro aspectos:

1.- Usuarios: Podemos identificalos, saber como navegan e os seus comportamentos. Permítenos coñecelos para aumentar a súa satisfacción.

2.- Contido: Podemos avaliar a nosa web dende o punto de vista do contido, do deseñeo e do seu posicionamento en Internet. Permítenos optimizar o sitio web.

3.- Marketing: Desenvolver as nosas accións de marketing respaldándoas cos datos. Poderemos avaliar as nosas campañas: e-mail marketing e redes sociais. Poderemos mellorar o noso ROI.

4.- Sector: Coñeceremos a competencia e a proxección do mercado identificando oportunidades, puntos fortes e débiles. Poderemos medrar no mercado.

 

 

 

En Internet podemos medir case todo. Isto axúdanos a mellorar onstantemente.

 

GOOGLE ANALYTICS: A FERRAMENTA PARA ANALIZAR A NOSA PÁXINA WEB

 

Para a análise é recomendable utilizar a  ferramenta gratuita que nos proporciona Google: Google Analytics. Esta ferramente raportaranos datos, métrica e informes para facer o seguimento da nosa web. Monitorizamos, con ela, o tráfico da nosa web coñecendo os datos relevantes para poder tomar decisións a posteriori.

Conta con cinco tipos de informes distintos: En tempo real, Audiencia, Adquisición, Comportamento e Conversión. En cada un deles poderemos coñecer distintos datos como o perfil de usuarios, que páxinas son as que máis visitan, como chegaron á web, qué dispositivos utilizan…

En conclusión, permítenos coñecer aos nososo usuarios, saber como se comportan na nosa web, ver aquilo que funciona e que non. Poderemos entón realizar melloras na nosa web acordes ao que os nosos usuarios buscan.

Para coñecer máis sobre Google Analytics, Google ofrécenos dous cursos gratuitos para aprender esta ferramienta e analizar a nosa páxina web. Un para nivel principiante para entrar en contacto coa ferramente e outro avanzado para profundizar na mesma.

Unha vez feito isto, tamén terás a posibilidade de obter a certificación de Google Analytics superando un exame no portal Google Partners.

 

 

GOOGLE TAG MANAGER: UN GRAN COMPLEMENTO PARA ANALYTICS

 

Google Tag Manager é unha ferramenta gratuíta que consiste en xestionar etiquetas. É unha ferramenta complementaria de Google Analytics e que permite unha mellor análise da web.

Basicamente serve para trackear a nosa páxina web e enviar información a sistemas externos ao noso sitio web. Información como o número de clics a un botón, encher un formulario correctamente e procesalo pódese recoller gracias aos fragmentos de código creados por Tag Manager e implementados na nosa web.

Isto supón grandes vantaxes, xa que antes era traballo que había que mandar aos programadores informáticos e agora nos permite ser autosuficientes. Google Tag Manager é unha ferramenta moi potente e completa. Para coñecer máis sobre ela, tamén hai un curso dispoñible en Google.

En definitiva, analizar a nosa páxina web é imprescindible. Grazas a estas ferramentas podemos medir practicamente calquera cousa, o que é de gran utilidade. Cos datos que obteñamos poderemos sacar conclusións que nos axuden a mellorar a nosa web en todos os ámbitos e, por tanto, a satisfacción dos clientes.

 

 

Foto: StockSnap

About The Author

Leave Comment

Nombre
Email
Web

*