¿Te ha gustado? ¡Compártelo!

 

Absolutamente. Coidar o packaging é miamar a primeira impresión que o teu produto causará no teu cliente, e ninguén dubida do dito que reza que todo entra polos ollos. O packaging é un vendedor silencioso que pode darche o empurrón que precisas ou truncar os resultados dun bo produto.

Se ben o marketing sensorial cada vez está gañando máis terreo -o cheiro a pan recén feito preto dunha panadería, a música relaxada ou de ritmo rápido segundo a hora á que vaias á compra para acelerar as túas decisións, a suavidade dunha manta que terminará sendo a túa mellor amiga no sofá…-, o envoltorio é a primeira impresión que ten o consumidor cando adquire un produto. E xa sabes que só hai unha oportunidade de causar unha boa primeira impresión.

 

 

Por que coidar o packaging?

 

1.- Porque a imaxe da túa marca importa.

2.- Porque os estudos demostran que a primeira sensación cando un novo cliente entra en contacto co teu produto é un factor crucial na decisión de compra.

3.- Porque a calidade é unha cualidade obxectiva e subxectiva ao mesmo tempo. No consumo, especialmente de produtos dun custo inferior a 30 euros, moitas veces non priman tanto motivos racionais como emocionais.

4.- Porque un bo envoltorio pode converter un chocolate máis nun obxecto de agasallo.

5.- Porque adecualo ás tendencias de moda e mercado pode ser un plus que aumente as túas vendas.

6.- Porque a customización -especialmente en produtos a medida ou con opcións de acabado- poden derivar nun incremento no prezo e aumentar os teus beneficios.

 

Chegados a este punto, seguro que che interesa este artigo que escribimos sobre a importancia do deseño gráfico para o teu negocio:

La importancia del diseño gráfico para las empresas

 

 

Deseños que nos deixaron coa boca aberta

 

A creatividade no noso sector non ten límites e, ás veces, aparecen deseños tan espectaculares como este da axencia de Nikita Konkin:

 

 

 

Ou tan curiosos como este do Vino Loco de Bodegas Canopy:

 

 

 

E, non podían faltar, os envases eco, como a botella de papel de Black Label:

 

View this post on Instagram

. Follow Instagram: @johnnie.walker.malta . DIAGEO ANNOUNCES CREATION OF WORLD’S FIRST EVER 100% PLASTIC FREE PAPER-BASED SPIRITS BOTTLE . Launch of ‘Pulpex Limited’ a new partnership between Diageo and Pilot Lite to launch new spirits bottle made of paper. . The bottle will debut with Johnnie Walker, the world’s number one Scotch Whisky, in early 2021. It comes as Diageo announces that it has launched a new partnership with Pilot Lite, a venture management company, to launch Pulpex Limited, a new world-leading sustainable packaging technology company. To ensure that the technology can be used in every area of life, Pulpex Limited has established a partner consortium of world leading FMCG companies in non-competing categories including Unilever, and PepsiCo, with further partners expected to be announced later in the year. The consortium partners are each expecting to launch their own branded paper bottles, based on Pulpex Limited’s design and technology, in 2021. . #jw #johnniewalker #diageo #diageorep #whisky #blacklabel #jwblacklabel #keepwalking #johnniewalkermoments #johnniewalkercollector #jwbluelabel #johnniewalkermalta #johnniewalkercollectormalta #jwblack #sustainable #planetearth #lovescotch #scotch #paperbottle #plasticfree #plasticfreejuly #plasticfreeliving #plasticfreeoceans #newtechnology #coming2021 #comingsoon #firstever #paperbased #spiritbottle #sustainabletechnology

A post shared by Johnnie Walker Malta (@johnnie.walker.malta) on

 

Coidar o packaging pode derivar para o teu negocio nun incremento de vendas, si, pero tamén nunha mellora da túa imaxe de marca en materia de responsabilidade social corporativa. Un envasado sostible, como o de Johnnie Walker, denotará un compromiso medioambiental.

 

Agora, pensa que queres transmitir e, a partires de aí, elixe o deseño que máis se axuste a esas ideas que queres evocar.

 

 


¿Te ha gustado? ¡Compártelo!
Open chat