¿Te ha gustado? ¡Compártelo!

 

 

A UNIÓN FAI A FORZA!

 

Sempre co obxectivo de ofrecervos un servizo integral, a nosa axencia de marketing e comunicación vén de chegar a acordos con distintas empresas para conseguir descontos para clientes de VINCUTATO.

Trátase de empresas de recoñecida solvencia no seu sector, cunha dilatada experiencia e traxectoria de éxitos que as avalan. Así facilitamos aos nosos clientes servizos necesarios para o día a día empresarial a través de profesionais solventes e a prezos especiais, só tés que pedilos!

 

descuentos para clientes de VINCUTATO

 

 

DESCONTOS PARA CLIENTES DE VINCUTATO

 

LOCAL:

Cando vas abrir un negocio novo, unha das principais necesidades é un local onde desenvolver a túa actividade e atender aos teus futuros clientes. E se xa o tés pero precisas cambiar polo motivo que sexa, tamén che axudamos con este tema. Capitel KSA atoparache o local más axeitado para tu empresa, axustado ás túas necesidades e ás túas posibilidades. Só tés que chamar a Jacobo da nosa parte ao 626 350 940​ e deixar que el faga a súa maxia 🙂

Ademais, encargarase de conseguirche un seguro que cubra todas as posibles adversidades do día a día. Delegar en profesionais é a mellor solución para poder centrarte en sacar adiante a túa empresa.

 

ADECUACIÓN DO LOCAL:

Unha boa conexión a Internet con R, o proveedor líder de Galicia, unha rede ben configurada na oficina, cámaras de videovixilancia, videoporteiro e un longo etcétera de solucións a medida que vas precisar ofrécechas a un prezo especial Dieztelecom, por ser cliente noso. Máis de tres décadas no sector e pioneiros na instalación de fibra óptica en todo Santiago aválanlles. Chama a Álvaro ao 644 409 260 para que che explique con detalle que pode facer por ti.

 

ASESORÍA/XESTORÍA:

A segunda xeración en Asesoría Iglesias Sexto encargarase de que non che doia a cabeza á hora de enfrontarte cos teus trámites e contas de empresa. Trámites coa Seguridade Social, con Facenda, subvencións, reclamacións, declaracións de IVE e IRPF… todo o que necesitas para estar tranquilo. Pregúntalle a Alejandro o que necesites chamando ao 981 588 900​.

 

DESPACHO DE ABOGADOS:

Toda empresa precisa o respaldo dun bo equipo legal. Contratos con proveedores, clientes e traballadores, asesoría legal, trámites de protección de datos… E se tés problemas de morosidade, tamén podes contar con Laterna Abogados, un dos despachos de Santiago máis coñecidos polas súas vitorias ante grandes bancos ou a Seguridade Social. Pregúntalle a Borja que opcións ten a túa empresa a través do 881 124 027.

 

Esta alianza estratéxica permitiranos ofrecerche un servicio máis completo e, coma sempre, de confianza. Estamos á túa disposición para o que precises. Escríbenos aquí!

 


¿Te ha gustado? ¡Compártelo!