Como coidar a túa páxina web?

¡Compárteme!

 

A estas alturas xa ninguén dubida da importancia que ten para a túa empresa coidar a túa páxina web. Vivimos nunha sociedade na que estamos permanentemente conectados, xa sexa a través dun ordenador na casa ou o noso fiel smartphone que levamos sempre connosco. Cando queremos buscar información, onde o facemos? Pos na web. Entón as empresas deben estar aí se queren que se lles coñeza e queren conseguir novos clientes.

Está demostrado que ter sitio web axuda a ter éxito e conseguir mellorar as vendas. Para os usuarios é un factor importante ter páxina web, xa que axuda a xerar confianza entre ambos. Non importa o tamaño da empresa xa que, hoxe en día, coa tecnoloxía da que dispoñemos calquera negocio, sexa pequeno ou grande, poder ter unha páxina web.

 

cómo cuidar tu página web

 

QUE DEBES TER EN CONTA PARA COIDAR A TÚA PÁXINA WEB?

 

É unha gran pregunta e moita xente non é consciente da importancia que ten. Non chega con poñer unhas cantas imaxes e os datos de contacto. Temos visto moitas páxinas web de negocios locais que no canto de xerar confianza, conseguían o efecto contrario. Deixámosvos uns cantos puntos a ter en conta:

1. Responsive: É fundamental. O 95% dos internautas ten smartphone e as páxinas web deben adaptarse aos diferentes dispositivos que utilicen os usuarios.

2. Deseño atractivo: Aos usuarios se non nos chama a atención visualmente, non imos. É importante coidar a túa páxina web, que teña un deseño que atraia e invite aos usuarios a navegar por ela.

3. Contido: Somos consumidores de contidos, buscamos información antes de consumir bens e servizos. Engadir contido de valor para os usuarios fará mellorar a súa experiencia e a imaxe da empresa.

4. Ter un blog: Non é obrigatorio pero axuda moito. Moitas páxinas carecen de blog e non saben da súa importancia. O contido do blog permitirá un mellor posicionamento da páxina en buscadores e atraer novos clientes.

 

O 97% dos internautas utiliza smartphone e, sen embargo, máis do 50% das empresas non contan cun deseño web responsive. 

 

CALES SON OS ERROS HABITUAIS?

 

Falaremos sobre cales son os máis habituais, xa que ao longo dos anos temos visto auténticos despropósitos. Atopamos erros tan básicos como que o dominio leve a unha web que non é a da empresa en cuestión. Pero, sen chegar a casos tan extremos, os principais erros a ter en conta son:

1. A organización da páxina: Ademais de ser un pecado contra a estética, dificulta a lectura e a comprensión do negocio. Hai que ter clara a arquitectura da información e a harmonía de textos e imaxes é importante para conseguir ese deseño atractivo que buscamos.

2. O tratamento das imaxes: Tampouco axuda atopar imaxes pixeladas. É máis común do que parece e, obviamente, fai que a páxina perciba como menos atractiva polo usuario, ademais de que tampouco gusta a Google.

3. Encabezados e pés de páxina: Moitos problemas e moi distintos neste punto. De pés de páxina enormes, a encabezados sobrecargados, links que non funcionan… tratar de que sexan simples e que todo funcione axuda á navegación do usuario.

Podemos comentar moitos puntos máis pero isto foi un pequeno resumo do que nos atopamos no día a día. A páxina web é a carta de presentación da empresa e debe atraer e xerar confianza para que o usuario decida comprar os teus produtos ou contratar os teus servizos. Non coidar a túa páxina web pode derivar en rexeitamento por parte do teu público potencial. Terminamos cun exemplo: Vas á carnicería e atopas o local e o expositor sen limpar, xérache iso confianza?

 

Se precisas axuda, só tés que contactar connosco e asesorarémosche sobre calquera dúbida que teñas con respecto á túa páxina.

Fotos: Ryan Morse, Tayloright.

About The Author

Leave Comment

Nombre
Email
Web

*