A situación do ecommerce, é xa unha realidade para as PYMES?

¡Compárteme!

 

O ecommerce ou comercio electrónico instalouse nas nosas vidas e non parou de medrar. Xa son moitas as PYMES que ven na canle online a oportunidade de aumentar as súas vendas ou simplemente sobrevivir. Falaremos sobre a situación do ecommerce e os seus usuarios.

No primeiro trimestre de 2017 a facturación do ecommerce en España foi de 6.756,9 millóns de euros, un aumento do 25% con respecto ao ano anterior. Os datos recollidos polo portal da Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV) amósanos este desenvolvemento. No primeiro trimestre de 2012 o columen de negocio era de 2.452,6 millóns de euros, en cinco anos case se triplicou.

 

CAL É A SITUACIÓN DO ECOMMERCE CON RESPECTO ÁS PEMES ?

 

España é un país de autónomos e PEMES. Segundo o Ministerio de Emprego e Seguridade Social, to total de 2.843.006 empresas instritas na Seguridade Social, o 99% delas pertence a este grupo. Esta realidade podemos levalas ao online. As PEMES e os autónomos tamén están na rede.

As empresas con facturación menor a 500.000 € supoñen o 61% do parque empresarial español en Internet, segundo un estudo realizado polo Observatorio Ecommerce. Séguenlle as empresas cuxa facturación oscila entre os 500.000 e 2 millóns de euros, que supoñen o 17%.

Neste estudo, realizado a ecommerce españolas de diversos sectores, tamén se analiza a previsión de crecemento destas. Case o 90% espera medrar este ano a súa facturación con respecto ao anterior. Destas, o 61% espera facelo máis do 10%.

 

situación del ecommerce ventas esperadas 2017
Fuente: Observatorioecommerce

 

En canto ao ticket medio de compra ou volume medio de compra, este é de 80€ aproximadamente. O 65% das empresas preve un aumento, o que corrobora esa tendencia de crecemento do comercio electrónico. De entre estes, o 35% considera que subirá máis dun 10%.

 

situación del ecommerce ticket medio esperado 2017

Fuente: Observatorioecommerce

 

Podemos destacar que son as pequenas empresas, a maioría en España, as que máis están apostando polo ecommerce e que esperan un crecemento da súa actividade nesta canle. Os datos permítennos afirmar que a situación do ecommerce é moi proveitosa para as PEMES.

 

COMO SON OS USUARIOS NO ECOMMERCE?

 

Actualmente 7 de cada 10 usuarios de Internet compra online. Considerada a porboación internauta aqueles usuarios de 18 a 65 anos, o 73% compra online, o que se traduce en 16,4 millóns de españois.

usuarios ecommerce españa 2017Fuente: Iabspain

 

En canto ao sexo, non se aprecian diferencias significativas entre homes e mulleres. Si en canto á idade. O promedio do comprador online é de 39 anos, sendo o grupo de idade maioritario o de 31 a 45 anos.

Dos compradores por Internet, o 98% teñen redes sociais, sendo as principais Facebook, Whatsapp, Youtube e Twitter. Neste sentido é importante lembrar o papel que teñen as redes sociais para as PEMEs e, en concreto, as pequenas empresas. Deixámosvos un artigo anterior no que falamos sobre a situación das redes sociais no pequeno comercio.

 

CALES SON OS SEUS HÁBITOS DE COMPRA ONLINE?

 

No estudo realizado por IAB, o 29% dos usuarios declara ser comprador exclusvo da canle offline e un 17% exclusivo do online.

evolucion situacion ecommerce españa 2017Fuente: Iabspain

 

Como vemos na imaxe, a maioría dos usuarios fai un mix e compra tanto en tenda física como por Internet. Espérase que os compradores exlusivos de Internet sobrepasen aos compradores exclusivos do offline.

O mercado estabilizouse en canto á penetración de usuarios, sen embargo, o seu valor aumentou. A xente compra máis a miúdo e o ticket medio aumentou.

A frecuencia de compra cada vez é maior, situándose de media en 2,9 compras por mes (o ano pasado era de 2,4 veces por mes). Este aumento débese ao incremento de compra dos perfís máis xoves, os grupos de 16 a 30 anos e de 31 a 45. Encanto ao ticket medio, este sitúase nos 80 €, aumentando un 7% con respecto ao ano anterior. Este incremento é maior entre os homes de mediana idade.

Os principais motivos que levan aos usuarios á compra por Internet son a conveniencia, o surtido/oferta dispoñible e o prezo. O 95% realiza as súas compras dende ordenador. Tamén podemos apreciar o aumento da canle móbil, que é utilizada case polo 40%.

por donde compran los usuarios ecommerceFuente:Iabspain

 

Como vimos, a situación do ecommerce mellorou, experimentando un grande desenvolvemento nos últimos anos e espérase que siga. Gran parte das PEMES españolas meteuse nel debido aos beneficios que lles reporta. Os usuarios fixeron o mesmo e, cada vez máis, adquiren benes e servizos na web. E ti a que esperas? Tés xa un ecommerce? Estás de acordo con estas tendencias?

 

Foto: Mediamodifier

About The Author

Leave Comment

Nombre
Email
Web

*