¿Te ha gustado? ¡Compártelo!

O emprego ou non do deseño gráfico tanto en pequenas como en medianas empresas non é unha cuestión de elección, senón unha esixencia do mercado.

 

Se pensamos en deseño, automaticamente pensaremos en posibles imaxes, cores a empregar… Sen embargo, debemos ter en conta que non se trata simplemente de aquilo que podemos observar, senón que vai máis alá do sentido visual, chegando ás nosas emocións.

 

O marketing de contidos é a principal ferramenta de difusión de información cara o noso público, pero a presentación que lle damos a esta é moi importante. Aquí é onde botamos man do deseño gráfico. As veces resulta que os nosos contidos son mellores que os da competencia pero poden xerar menos engagement, debido a que non son tan atractivos visualmente. O deseño gráfico encargarase polo tanto, de darlle aos nosos contidos un aspecto profesional e atractivo visual. Con todos estes aspectos espertará nos nosos lectores a necesidade de compartir o contido se o consideran interesante.

 

Importancia del diseño gráfico Vincutato

 

Dentro da área do deseño gráfico podemos falar de dous soportes básicos: papel e web. En canto ao papel pódesense elaborar tarxetas, trípticos, flyers, folletos, catálogos… e en canto á web, referímonos ás páxinas web, landing pages… Con todas estas ferramentas o deseño gráfico trata de mellorar a imaxe corporativa da empresa.

 

Invertindo en deseño, a nosa empresa sempre terá un plus, sendo percibida polos usuarios coma unha compañía cercana e ofrecendo un alto nivel de competencia.

 

Un aspecto principal é que a función da comunicación visual non é soamente elaborar unha imaxe cun texto e publicala. Este feito vai máis alá, e é onde debemos ter en conta a segmentación. A mensaxe que queremos enviar debe ser captada polo noso público potencial, chegando a aquelas persoas nas que queremos deixar pegada. A mensaxe debe xerar nelas unha emoción que vinculen coa nosa marca, facendo que a mensaxe perdure.

 

Importancia del diseño gráfico en las empresas

 

Agora que coñeces a importancia do deseño gráfico nas empresas, contacta connosco e precisas mellorar o teu.

Foto: ElisaRiva, geralt, ptra


¿Te ha gustado? ¡Compártelo!